En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean a media hasta.
Como consecuencia desta declaración de loito oficial, quedan suspendidas as Festas Patronais de San Clodio 2026, así como todas as actividades festivas e culturais previstas durante estes días. Mantense unicamente a celebración litúrxica en conemoración do Patrón de San Clodio, coa misa prevista para as 12:00 horas.
O alcalde e toda a Corporación Municipal expresan o seu máis profundo pesar e trasladan as súas sinceras condolencias ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como os seus desexos dunha pronta e completa recuperación para todas as persoas feridas. Ribas de Sil e outros concellos do sur da provincia únense, con diferentes actos, á dor das familias e de toda a sociedade nestes momentos de tristeza.

Minuto de Silencio Monforte

Minuto de silencio Pantón

