HomeMedio ambiente e PatrimonioDeclaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces...

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

A asociación chantadina Xuntas polo Territorio informa de que o Ministerio confirma na súa páxina web que os proxectos dos Parques Eólicos Agratrina e Agromaces recibiron unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se incluían os P.E. Ventoburgo, Sistesas, Xestiloi e infraestruturas de evacuación asociadas), tramitado e sacado a exposición pública no verán de 2025. “Coa resolución desfavorable emitida pola administración, certifícase que os proxectos de Agratrina e Agromaces non son aptos dende o punto de vista medioambiental e, polo tanto, non serán autorizados nin sairán adiante”, explican.

Dende Xuntas polo Territorio poñen en valor a loita, o traballo e o compromiso demostrados ao longo de todo o territorio que pretendían ocupar estas instalacións. Este logro é unha proba evidente da importancia de organizarse e actuar de xeito conxunto, “Queremos facer constar a importancia vital de asociarnos e, xuntas e xuntos, loitar polos nosos dereitos; só así nos serán respectados. Esta resolución demostra que a mobilización serve e que, cando o pobo se organiza, pode protexer a súa terra.”

Dende o colectivo fan un chamamento a todas as persoas comprometidas coa defensa do medio rural e do patrimonio a que se unan á asociación e participen activamente nas loitas que xa están en marcha ou que poidan xurdir no futuro, tanto na comarca como na contorna.

ÚLTIMAS

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...

Ribas de Sil contará con servizo de ludoteca en novembro

A Área de Igualdade do Concello de Ribas de Sil informa da posta en...

‘Saborea e Canta o Outono’, festival gastrocultural que organiza a delegación sur da Apehl

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo...