HomeCulturaQuiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

Quiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

Quiroga prepárase para celebrar o seu patrón, o San Martiño, o 11 de novembro, as actividades amplíanse con distintas propostas cultarais e de lecer que comezarán o día 6.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres día 6 de novembro, ás sete da tarde, a Casa da Cultura acollerá a presentación do documental ”Prisciliano e a Gallaecia”. O documental achega a figura do bispo galaico Prisciliano (340-385), a primeira persoa condenada a morte pola Igrexa católica na súa historia. Executado por herexe, a súa figura é obxecto de continua investigación nos nosos días.

O acto estará presentado polo seu director, Aser Álvarez e polo profesor de Historia Antiga e experto na figura de Prisciliano, Diego Piay Augusto. Tras a proxección do documental, que conta coa colaboración co Departamento de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, abrirase un debate – coloquio para aquelas persoas que querían participar.

O sábado 7 de novembro, o Auditorio Municipal acollerá a partir das seis da tarde a obra de teatro “Inquisítame outra vez” a cargo do grupo Lume Escénico. Trátase dunha comedia na que se reinventan os episodios máis escuros da nosa historia, pasándoa pola peneira do humor para convertela noutra cousa. Un repaso humorístico á persecución ao diferente, ao que pensa ou actúa distinto, á falsa superioridade moral, aos inventos e aos bulos… Unha trama ambientada no pasado pero presente no presente. Esta actividade está enmarcada dentro dos Circuítos de Teatro Afeccionado na nosa provincia organizados pola Área de Cultura, Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial en colaboración co Concello de Quiroga.

 O luns día 9 na Casa da Cultura, o espectáculo de música e humor a cargo do humorista Pepo Suevos e do músico Dani Dopazo, “Aínda estamos de festa”.  Unha combinación de humor galego, cancións de sempre, recordos e participación do público. Este espectáculo forma parte da programación de O Teu Xacobeo, da área de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.

O martes día 10, formando parte tamén de O Teu Xacobeo, chega da man de Antonio Barros e Ialma a actuación musical “O Camiño de Vieiras Amarelas”. Mesturando a vieira, como símbolo do Camiño de Santiago e o camiño de baldosas amarelas de El Mago de Oz, o espectáculo musical recorrerá diferentes puntos de Galicia combinando territorio, patrimonio e memoria.

O mércores 11 de novembro, propio día de San Martiño, e festa local en Quiroga, os actos comezarán ás once da mañá coa celebración dos actos relixiosos, nos que a imaxe do santo homenaxeado recorrerá a zona da praza Maior. Nesta zona desenvolverase as actividades desta xornada; desde as 19:00h haberá magosto e viño novo para todos os asistentes acompañado da música do DJ Michel.

ÚLTIMAS

Espertamonforte: “Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos colexios atallaríase moito antes”

Para Espertamonforte, o mellor exemplo da utilidade dun Consello Escolar Municipal é a situación...

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un...

O 7 de novembro preséntase no Auditorio Municipal de Chantada o Tomo XI da revista Alicerces

O arqueólogo e investigador da Pobra do Brollón, Xurxo Ayán, será o mestre de...

Axenda de teatro afeccionado para a vindeira fin de semana nos concellos do Sur de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación fomenta a inclusión de teatro afeccionado nas axendas culturais dos...