O arqueólogo e investigador da Pobra do Brollón, Xurxo Ayán, será o mestre de cerimonias na presentación de “Alicerces. Revista de estudos do Miño Medio. Tomo XI”. Ayán é unha das persoas que colabora neste novo número da publicación que edita a Irmandade Cultural País do Faro.
O acto de presentación do vindeiro sábado contarase coa presencia de representantes institucionais do Concello de Chantada e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que colaboran na edición da revista.

