A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC, da que forma parte o Concello, e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, coa que se ofrece á cidadanía unha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano. O prezo da entrada é de 5 euros, cunha tarifa reducida de 3 euros para estudantes, persoas desempregadas e xubiladas.
Nesta ocasión, Mofa & Befa danlle vida sobre as táboas a Pedriño e Rañolas, dous personaxes concibidos por Castelao na súa faceta de humorista gráfico. Amigos inseparables, son ao tempo antagónicos: un soñador idealista fronte un materialista conformista. “Os dous de sempre” está escrita por Quico Cadaval e Carme Varela, e dirixida por Quico Cadaval. A escenografía corresponde a Baltasar Patiño, que se encarga tamén do deseño de iluminación; o vestiario é de Carlos Alonso, e música e o deseño de son, de Bernardo Martínez. O elenco está formado por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Port.
A seguinte cita co teatro será este venres, 6 de novembro, ás 20:00 h na Casa da Cultura coa obra “A Rateira”, do grupo Argalleiras Teatro. O xoves 12 de novembro ás 20:15 h a representación será no Edificio Multiusos, Sarabela Teatro porá en escea “A Metamorfoso”.

