HomesociedadeObradoiro contra a desinformación en Taboada

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

O programa de alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia chega a esta vila o venres 6 de novembro. Será ás 19:00 horas no Salón de actos do Cuartel Vello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo e especializada en educación e innovación. Otero ten unha experiencia de máis de quince anos como profesional da comunicación en medios e gabinetes de prensa, destacando o seu papel no Faro de Vigo, onde foi responsábel do suplemento educativo Faro da Educación. Como todas e todos os formadores, recibiu formación específica neste tema para poder trasladar á poboación dunha maneira máis eficiente as mellores estratexias para recoñecer e combater a desinformación.

A asistencia é libre e gratuíta até cubrir a capacidade da sala, sen requerirse inscrición previa. 

OBRADOIROS CONTRA A DESINFORMACIÓN MEDIÁTICA

O contexto actual de proliferación de noticias falsas está a danar profundamente non só ao xornalismo, que se enfronta a unha crise sen precedentes, senón tamén a propia calidade democrática da nosa sociedade. Sen ferramentas para poder defendérmonos, ninguén está libre de ser vítima ou propagador da desinformación. É por iso que o Colexio de Xornalistas, na súa defensa da profesión, quere combater esta situación fornecendo a sociedade galega de coñecementos contra as mentiras e ferramentas para combatelas. O proxecto significa a adaptación a poboación adulta dunha iniciativa formativa que o Colexio leva realizando durante anos con gran éxito entre as e os escolares da comunidade. 

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...