HomeDeportesEste sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

O horario será de luns a venres, de 8.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas; os sábados, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas; e os domingos e festivos, de 10.30 a 14.30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7 de novembro, ás 12.00 horas, comezando así a prestar servizo ás persoas usuarias da Piscina Municipal, Pavillón Polideportivo e Ximnasio Municipal, e tamén ao público xeral, xa que o acceso á instalación é libre e aberto a toda á cidadanía.

A instalación, completamente renovada, dispón dun espazo de 105 metros cadrados, con barra, mobiliario interior e unha ampla cristaleira con vistas ás piscinas. A súa apertura permitirá completar os servizos que ofrece o Complexo Deportivo da Pinguela. Ademais dunha ampla variedade de bebidas quentes e frías, snacks e bocadillos, haberá un espazo corner tipo ‘self service’ para un servizo sen esperas.

O alcalde destaca a importancia de contar con este servizo nunhas instalacións que rexistran diariamente unha importante afluencia, “As persoas que utilizan diariamente estas instalacións contarán cun espazo cómodo no que poder descansar e compartir un momento antes ou despois das súas actividades deportivas”, sinala José Tomé.

A cafetería funcionará durante toda a tempada de apertura do complexo deportivo, de xaneiro a decembro, co seguinte horario:

  • De luns a venres: de 8.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.
  • Sábados: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas.
  • Domingos e festivos: de 10.30 a 14.30 horas.

Ademais, o horario adaptarase ás necesidades derivadas da celebración de competicións e torneos deportivos que teñan lugar no Complexo Deportivo da Pinguela, co obxectivo de ofrecer servizo ás persoas deportistas e ao público asistente a estes eventos.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...