HomePolíticaA eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

Ana Miranda recolleu as propostas e inquedanzas do sector para seguir defendendo no Parlamento Europeo liñas de apoio específicas que atendan ás singularidades desta produción.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo de coñecer de primeira man a situación do sector vitivinícola e abordar os principais desafíos de futuro que afronta a comarca. No marco desta xornada, Miranda mantivo unha xuntanza de traballo co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe e cunha
representación de viticultores locais.

O encontro tivo como escenario principal a Ribeira do Cabe, un espazo emblemático onde se desenvolveu unha demostración práctica sobre o terreo. Os profesionais do sector amosaron á eurodeputada o funcionamento dos sistemas de aplicación de produtos fitosanitarios, analizando polo miúdo os niveis de deriva que xeran e os controis técnicos e ambientais que
resultan necesarios para garantir a sostibilidade da viticultura heroica.

Durante o intercambio de impresións, os produtores trasladaron a necesidade de impulsar medidas que permitan o abaratamento dos custos de produción, un factor clave para asegurar a viabilidade económica das explotacións.
Acompañando esta demanda, tratouse con especial prioridade a incorporación de novos activos á viticultura desta Denominación.Os participantes coincidiron en que garantir a remuda poboacional constitúe, hoxe en día, un dos grandes retos estratéxicos para frear o despoboamento e asegurar a continuidade social, e o tecido económico e cultural que representa a Ribeira Sacra.

Ana Miranda demostración drons sector vitivinícola / BNG

ÚLTIMAS

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...