O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo Mercado de Nadal, unha actividade que comezou a organizarse no 2025 cunha importante participación de postos e moi ben acollida polo público.
“Despois da excelente acollida do pasado ano renovamos o noso compromisocoa dinamización social, cultural e económica do municipio. O Nadal representa unha oportunidade única para encher de vida as nosas rúas, fortalecer os lazos comunitarios e compartir o espírito destas datas”, explica o alcalde, José Luis Álvarez.
O Mercado concíbese así non só como un espazo de encontro e lecer para familias e visitantes, senón tamén como un escaparate fundamental para a promoción da economía local, o apoio ao comercio de proximidade, o impulso ao sector artesanal e a posta en valor dos produtos do municipio.
Como o pasado ano, o Mercado de Nadal de Pantón celebrarase na Praza do Concello (se a climatoloxía non acompaña trasladarase ao Pavillón Municipal) en horario de 11:00h a 19:00h. A asignación dos espazos para os postos de artesanía, alimentación, antigüidades, decoración, xoguetes… farase o sábado día 5 ás 8:00h na Praza do Concello.

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR CON ALGÚN POSTO
Poderán participar todas as persoas que desempeñen calquera actividade económica relacionada coa temática deste Mercado, profesionais da decoración de Nadal, das antigüidades, da artesanía, do mundo da alimentación, dos xoguete ou dos complementos. Os/as participantes terán que traer o seu posto e o necesario para a súa montaxe. O concello porá á súa disposición puntos de luz e servizo de seguridade nas horas de peche.
As solicitudes deben de presentarse antes do 29 de novembro na Casa da Cultura ou na sede electrónica do concello de Pantón, xunto coa seguinte documentación:
Modelo de solicitude debidamente cumprimentada (impreso descargable na sede electrónica)
Memoria con fotos do produto que se vai a vender.
Fotocopia do DNI.
Fotocopia de estar de alta no imposto de actividades económicas
Os postos que estean admitidos serán comunicados a través do correo electrónico indicado na solicitude e publicados no taboleiro de anuncios do concello.
As bases da convocatoria para inscrición, admisión e selección de postos están publicadas na sede electrónica do Concello de Pantón.


