HomeCulturaO Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

O Ciclo de Cine conta nesta edición con catro películas en catro linguas, alemán, francés, inglés e italiano, todas elas subtituladas en castelán que se proxectan nos Multicines Hollywood. Os pases son de balde e hai que recoller as entradas na coserxería da Escola Oficial de Idiomas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de “La isla de Amrum” e continuará o resto de venres do mes de novembro con proxeccións de películas en versión orixinal nos Multicines Hollywood (rúa Otero Pedrayo), ás 20:30 horas.

A entrada é gratuíta, pero para asistir cómpre recoller previamente as entradas na conserxería da Escola Oficial de Idiomas de Monforte, na rúa Calvo Sotelo, 65. As reservas pódense recoller cada semana desde o luns.

PROGRAMACIÓN

13 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “La copia perfecta”, (Francia, 2025). Título orixinal: “L’affaire Bojarski”. Dirixida por Jean-Paul Salomé. Versión orixinal en francés, con subtítulos en castelán.

20 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “Incontrolable”, (Reino Unido, 2025). Título orixinal “I Swear”. Dirixida por Kirk Jones. Versión orixinal en inglés, con subtítulos en castelán.

27 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “El primer día de mi vida”, (Italia, 2023). Título orixinal: “Il primo giorno della mia vita”. Dirixida por Paolo Genovese. Versión orixinal en italiano, con subtítulos en castelán.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...