HomesociedadeVarios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

Varios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

A CIG anuncia que presentará o correspondente recurso xudicial contra a resolución da Alcaldía, que establecía para esta xornada "servizos mínimos que vulneran o dereito fundamental á folga".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte varios centos de persoas acudiron este mércores á convocatoria de mobilización que facía para as 12:00 a CIG. A manifestación comezou na praza de España para percorrer o Cardeal e rematar na Praza Ponte Fontecha, fronte á estatua do poeta Manuel María.

A chuvia acompañou o percorrido e tamén o peche de establecementos ao paso da manifestación encabezada polo berro de “Folga xeral, así, así, nin un paso atrás”. Ademais da importante participación nesta mobilización, a resposta da cidade do Cabe á convocatoria de folga foi destacada nos centros de ensino e máis simbólica noutros sectores. Contouse con piquetes nas zonas máis empresariais a primeira hora da mañá, pero desenvolveuse sen incidencias.

Na mobilización de Monforte reclamouse acabar cos problemas da clase traballadora e dos mozos para acceder á vivenda, demandouse o dereito a unha vida digna e criticouse tamén a política local. A este respecto a CIG lamenta que o concello establecese para esta xornada de folga uns servizos mínimos “excesivos e desproporcionados, que vulneran o dereito fundamental á folga recollido no artigo 28.2 da Constitución e o baleiran de contido impoñendo o 100 % da recollida do lixo, o 80 % da limpeza nos centros educativos e uns servizos mínimos desproporcionados tanto para o persoal laboral como funcionario municipal e para as traballadoras do SAF”

Manifestación 11N Monforte / XdL

A CIG anuncia que presentará o correspondente recurso xudicial contra a resolución da Alcaldía, ao entender que estes servizos mínimos vulneran o dereito fundamental á folga e esixen ao concello que respecte os dereitos do conxunto do persoal municipal, tanto laboral como funcionario, así como das traballadoras dos servizos afectados, e que deixe de utilizar os servizos mínimos para impedir que a folga teña efectos reais.

“unha sanidade pública que coide a quen a fai posible”

Na véspera deste 11N a CSIF convocaba concentracións nos centros hospitalarios para reclamar á Xunta “unha sanidade pública que coide a quen a fai posible”. A través destes actos de protesta, a central busca visibilizar o malestar dos traballadores, persoal sanitario e non sanitario, e presionar á Consellería de Sanidade para que active os marcos de negociación para resolver o conflito. Entre las principais reivindicacións figura a reforma do sistema de carreira profesional vixente na sanidade pública galega e o establecemento dun complemento retributivo dirixido aos traballadores que prestan servizo de forma permanente en quendas fixas de mañá ou de tarde.

Concentración CSIF Hospital Monforte 10 de novembro 2026 / CSIF

ÚLTIMAS

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...