Homesociedade'Saborea e Canta o Outono' na Praza de Abastos de Monforte

‘Saborea e Canta o Outono’ na Praza de Abastos de Monforte

As persoas asistentes poderán gozar da gastronomía local e escoitar música en directo a cargo da Batucada Tukupá, Julliet’S e SOLO. Ademais, contarán cunha zona de actividades infantís cos Trasnos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) coa colaboración do concello de Monforte, celebra este venres 13 de novembro unha nova edición do Saborea e Canta o Outono na Praza de Abastos de Monforte de Lemos.

A xornada, que dará comezo ás 20:30 horas e se prolongará ata as 00:30 horas, reunirá propostas gastronómicas dos establecementos Capitol, El Muli, Oasis e ONYX, viños das adegas Galanteiro e Os Cipreses, pertencentes á DO Ribeira Sacra, así como do Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...