HomeEconomíaInteresante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

Trátase dunha nova iniciativa da Fundación Acción Contra a Fame que terá lugar o día 1 de decembro en horario de 11 a 13:00 horeas e poderase seguir en formato online. As inscricións son de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un obradoiro baixo o suxestivo título de «CONTAS CLARAS: DA FACTURA AO IRPF», unha formación dirixida a persoas emprendedoras, autónomas ou con ideas de negocio interesadas en ampliar os seus coñecementos sobre fiscalidade.

O obxectivo da sesión é tratar cuestións clave coas que se atoparán estes profesionais na actividade por conta propia que desenvolven ou desenvolverán no futuro se teñen en mente iniciar algún proxecto empresarial. Así, pois, abranguerase dende o funcionamento do IRPF, ata as declaracións trimestrais e anuais, os principais modelos tributarios e a organización das obrigas fiscais.

Esta formación dá continuidade ao obradoiro sobre facturación e elaboración de orzamentos celebrado por esta mesma fundación o pasado mes de outubro, ampliando os contidos para ofrecer ás persoas participantes unha visión máis completa da xestión económica e fiscal dos seus negocios.

INSCRICIÓNS E DATOS CONCRETOS DA ACTIVIDADE PARA AXENDA

Inscricións: https://forms.cloud.microsoft/e/CPF42mrv2d Información: arandolfe@accioncontraelhambre.org 648 16 68 48

Data da formación: martes, 1 de decembro.

Horario: de 11:00h a 13:00h.

  • Formato: online a través de TEAMS.

ÚLTIMAS

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...

‘Saborea e Canta o Outono’ na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...