HomesociedadeÉxito total do 'Saborea e canta o outono' cunhas 250 persoas participantes

Éxito total do ‘Saborea e canta o outono’ cunhas 250 persoas participantes

Celebrouse o pasado venres, 13 de novembro, no espazo anexo da Praza de Abastos de Monforte e estaba organizado pola delegación Sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O evento dinamizador da hostalería do sur de Lugo “Saborea e Canta o Outono” xuntou este ano a máis de 250 persoas que se achegaron á Praza de Abastos de Monforte para gozar dunha noite con gastronomía, viños da Ribeira Sacra e música en directo.

Os establecementos Capitol, El Muli, Oasis e ONYX ofreceron as súas propostas gastronómicas, acompañadas dos viños das adegas Galanteiro e Os Cipreses, pertencentes á D.O. Ribeira Sacra. O encontro contou tamén coa participación do Centro do Viño da Ribeira Sacra como establecemento convidado e coa presenza do alcalde e algúns concelleiros do Equipo de Goberno.

Algúns dos petiscos que se degustaron. Foto: Apehl
José Luis, Gloria e José Tomé con Beatriz Vila, da Delegación Sur da Apehl. Foto: Apehl.

A Batucada Tukupá foi a encargada de abrir a celebración, que continuou coas actuacións musicais de Julliet’S e SOLO, proxecto en solitario de Isi Castañer. Ademais, os máis pequenos puideron gozar dun espazo infantil a cargo de Os Trasnos, actividade que gustou moito e tivo aos pequenos e pequenas entretidos e ben atendidos mentres os pais gozaban dun momento de desconexión entre amigos, produtos de empresas locais e un gran ambiente.

Outro dos puntos destacados da noite foi o photocall instalado para a ocasión, ao que se achegaron numerosas persoas durante a velada.

Foto de familia cos participantes. Foto: Apehl

Dende a Apehl agradecen a asistencia das máis de 250 persoas que participaron no encontro, así como a implicación dos establecementos e colaboradores que, xunto co Concello de Monforte, contribuíron ao seu éxito.

ÚLTIMAS

Máis de 70 deportistas participaron no Cross Escolar do Circuíto das Lamas en Monforte

Na competición participaron nenos e nenas procedentes dos concellos de Monforte de Lemos, Quiroga,...

Presentada en Monforte a campaña “Monforte en negro contra as violencias”

O Concello de Monforte vén de presentar a súa programación do 25N da man...

Transportes licita por 603.634€ obras para mellorar a seguridade viaria na N-540 e N-120

.O anuncio de licitación foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público (PLACSP)...

Por Chantada presenta unha moción reclamando medidas urxentes de mellora na seguranza viaria

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción...