HomeCultura"Entre Bruxas" en Torbeo, este 21 de novembro desde as 18:00

“Entre Bruxas” en Torbeo, este 21 de novembro desde as 18:00

A parroquia de Torbeo, no Concello de Ribas de Sil, celebrará este sábado 21 de novembro a primeira edición de «Entre Bruxas», unha festa organizada pola Asociación de Veciños de Torbeo (A.VE.TO.) e o Concello de Ribas de Sil, que nace coa intención de manter viva a actividade cultural arredor da figura da histórica meiga de Torbeo, Filomena Arias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No 2025, asociación e concello puxeron en marcha «Tempo de Bruxas», un encontro dedicado á memoria da Bruxa de Torbeo. A iniciativa permitiu abordar cuestións relacionadas coa medicina natural, as crenzas populares, a maxia, a espiritualidade e as tradicións transmitidas ao longo das xeracións. Esta iniciativa nacía con carácter bianual, para os anos impares. Agora para os anos pares propoñen, «Entre Bruxas», unha celebración de carácter máis local e comunitario, aínda que aberta a todos os interesados.

A programación do sábado 21 de novembro desenvolverase a partir das 18:00 horas e contará con tres actividades:

  • 18:00 horas. Representación teatral de «A historia dun fidalgo para sempre lembrar», a cargo do Grupo de Teatro A Mariña, na Escola de Torbeo, dentro dos circuitos de teatro da Deputación de Lugo e Outonos de Teatro en Ribas de Sil. 
  • 19:15 horas. Presentación pública de «Tempo de Bruxas 2027», a cargo da Asociación de Veciños de Torbeo (A.VE.TO.).
  • 19:30 horas. Magosto popular, espazo de encontro e convivencia arredor dunha das tradicións máis características do outono galego.

A xornada combinará así o teatro, a recuperación das tradicións populares e a convivencia veciñal, ao tempo que servirá para dar a coñecer os primeiros detalles da próxima edición de «Tempo de Bruxas».

Desde o Concello de Ribas de Sil destácase a importancia da colaboración co tecido asociativo para manter vivas as actividades culturais nas pequenas parroquias rurais. A iniciativa de A.VE.TO. constitúe un exemplo de como a participación veciñal permite recuperar historias e tradicións locais, crear novos espazos de encontro e desenvolver propostas culturais que contribúen á dinamización do territorio.

ÚLTIMAS

Mitin dos socialistas en Quiroga e encontro en Taboada

Os candidatos do PSdeG ao Congreso e ao Senado por Lugo, Patricia Otero e...

AulABERTA presenta o último poemario de Abraham Pérez este 19 de novembro no Centro do Viño

O acto celebrarase ás 19:00 horas no Centro do Viño de Monforte de Lemos...

“O Son da Serra, cando O Courel derramou bágoas de cinsa” proxéctase este 19 de novembro no Multiusos de Samos

O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa é o filme...

Chantada humanizará co plan HURBE a conexión entre a rúa Doutor Fleming e a Avenida de Lugo

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e a Conselleira de Vivenda e Planificación...