HomePolíticaO BNG de Monforte esíxelle ao Concello solucións para as traballadoras da...

O BNG de Monforte esíxelle ao Concello solucións para as traballadoras da limpeza nos colexios públicos

Os nacionalistas levarán ao próximo pleno unha iniciativa para reclamar medidas urxentes ante os impagamentos salariais e que se estude a rescisión do contrato coa empresa se resulta necesario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación nacionalista lembra que xa preguntou no anterior pleno pola situación destas traballadoras e polas actuacións do Concello. Ante a continuidade do problema, considera imprescindible que o Goberno municipal adopte medidas concretas para poñerlle fin.

«É intolerable e insostible que unhas traballadoras continúen acudindo diariamente aos seus postos de traballo sen cobrar os salarios que lles corresponden. O Concello non pode limitarse a observar o que acontece, ten que implicarse e buscar solucións», sinala o concelleiro do BNG, Manuel Luaces.

Os nacionalistas lembran que se trata dun servizo público financiado con fondos municipais e que o Concello, como Administración contratante, dispón de mecanismos para esixir á empresa o cumprimento das súas obrigas. O BNG reclamará que se estuden e apliquen as medidas legais e contractuais necesarias para garantir o pagamento dos salarios pendentes e que, se a situación non se resolve, se valore a rescisión do contrato coa empresa adxudicataria, sempre que existan causas legais para facelo e garantindo a continuidade do servizo e os dereitos das traballadoras.

«O que pedimos é que o Concello asuma a responsabilidade que lle corresponde, que actúe e que dea solucións reais ás traballadoras. Non podemos permitir que esta situación se prolongue indefinidamente. Estamos falando de persoas que teñen familias e obrigas que atender e que merecen cobrar polo seu traballo», conclúe Manuel Luaces.

ÚLTIMAS

O Centro Comercial Ponte Vella dálle a benvida ao Nadal

O C.C. Ponte Vella dará a benvida á Nadal hoxe co acto simbólico de...

“Entre Bruxas” en Torbeo, este 21 de novembro desde as 18:00

No 2025, asociación e concello puxeron en marcha «Tempo de Bruxas», un encontro dedicado...

Mitin dos socialistas en Quiroga e encontro en Taboada

Os candidatos do PSdeG ao Congreso e ao Senado por Lugo, Patricia Otero e...

AulABERTA presenta o último poemario de Abraham Pérez este 19 de novembro no Centro do Viño

O acto celebrarase ás 19:00 horas no Centro do Viño de Monforte de Lemos...