- Advertisement -
Alumnado de 4º ESO do IES A Pinguela de Monforte achegouse esta semana ata A Pontenova para facer a Ruta dos Fornos, que conta no seu percorrido coa tirolina máis grande de Galicia.
Foi unha xornada chea de emocións onde visitaron a antiga mina e observaron minerais, rochas, morcegos e ata un estromatolito. O día de aventura completouse co salto e viaxe en tirolina. Pouco despois desta apaixoante viaxe regresouse á casa.

IES A Pinguela tirolina As Minas / IES A Pinguela

