HomesociedadeA Deputación adxudica a explotación dos Náuticos Ponte do Sil e Maiorga

A Deputación adxudica a explotación dos Náuticos Ponte do Sil e Maiorga

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación da explotación de tres instalacións de titularidade provincial: o Mazo de Santa Comba, en Lugo; o Naútico de Ponte do Sil, en Monforte de Lemos, e o inmoble e os terreos de Maiorga, en Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con estes acordos, a institución provincial dá continuidade á actividade turística e de lecer destes espazos mediante novos títulos de concesión e arrendamento.

O Náutico Ponte do Sil continuará a cargo de Maremta 2022 SL, cun canon de 553 euros mensuais e un investimento comprometido de 5.880 euros. A adxudicación permitirá manter a actividade deste equipamento vinculado á oferta de lecer e turismo fluvial da Ribeira Sacra. Estas instalacións de hostalaría están situadas xunto ao embarcadoiro provincial desde o que parten as rutas en catamarán polo Canón do Sil. O complexo conta tamén con aparcadoiro, aseos, espazos de atención aos viaxeiros e acceso aos pantaláns.

A Deputación adxudicou a Nemesio Cora Fraga o arrendamento de Maiorga, as instalacións e os terreos, por un importe de 230 euros ao mes. Este acordo prodúcese tras finalizar a cesión do uso destas propiedades ao Concello de Pantón, que se prolongara durante 25 anos.

Estas instalacións provinciais forman un pequeno club fluvial situado á beira do río Miño, que conta cun edificio destinado a restaurante e servizo de bar, vencellado á área recreativa e ao pantalán próximo. É un espazo de combina a oferta hostaleira co aproveitamento turístico e de lecer na contorna fluvial.

O pasado mes de setembro, a Deputación aprobou por unanimidade a cesión ao Concello dunha parcela de 21.000 metros cadrados situada na contorna do pantalán municipal de Maiorga. A cesión ten como obxectivo facilitar o acceso a esta infraestrutura fluvial e posibilitar a súa mellora a través do proxecto que está a tramitar o Concello coa colaboración da Confederación Hidrográfica.

Actuacións para mellorar a rede provincial en Taboada e Quiroga

En Taboada, a Deputación adxudicou a Francisco Gómez y Cía SL a rehabilitación do firme da LU-P-1809, a estrada que comunica Chantada con Antas de Ulla a través de Taboada. Os traballos afectan a un treito de case tres quilómetros, entre os puntos quilométricos 12,3 e 15,3, e inclúen melloras adicionais na pavimentación e sinalización, así como a ampliación do prazo de garantía en tres anos.

En Quiroga, a institución provincial adxudicou a Excavaciones Goni SL as obras de rehabilitación do firme das estradas LU-P-5001, entre Ponte Barreiro e Vilarbacú; e LU-P-5004, entre Cruz de Outeiro e Ferramulín, ata o límite coa provincia de Ourense. A actuación abrangue un total de oito quilómetros e supón un investimento de 158.374,61 euros. O prazo de execución previsto é de catro meses.

ÚLTIMAS

Beth Willard, recoñecida xornalista e crítica de viños, visitou a Ribeira Sacra

O Consello Regulador da Ribeira Sacra encargouse de coordinar a estancia e a programación...

Máis de 550 participantes inscritos para o QTC 2027

Conta atrás para a celebración do Quiroga Trail Challenge 2027, proba que conta xa...

Tomé presenta uns Orzamentos de 21,5M€ incrementándose nun 16% con respecto ao 2025

O orzamento será sometido a debate e aprobación no Pleno municipal do vindeiro luns...

O BNG de Monforte esíxelle ao Concello solucións para as traballadoras da limpeza nos colexios públicos

A formación nacionalista lembra que xa preguntou no anterior pleno pola situación destas traballadoras...