HomesociedadeO programa "Lugo de corazón a corazón" leva aos concellos da provincia...

O programa “Lugo de corazón a corazón” leva aos concellos da provincia a formación en prevención cardiovascular

A Asociación Lucense de Cardioloxía (ACARLU) continúa desenvolvendo o programa Lugo de corazón a corazón, unha iniciativa que achega información e formación sobre saúde cardiovascular, prevención e actuación ante unha emerxencia a diferentes concellos da provincia. Esta semana a actividade chegou a Samos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa, que conta co apoio da Deputación de Lugo, busca facilitar o acceso a coñecementos e ferramentas de prevención e autocoidado tamén ás persoas que viven fóra dos grandes núcleos urbanos. Ata o momento, ACARLU xa realizou actividades en Navia de Suarna, A Pontenova e Guitiriz, cunha boa acollida por parte dos veciños e veciñas.

As sesións inclúen charlas e coloquios sobre saúde cardiovascular, alimentación, medicación, sinais de alerta e hábitos saudables, así como formación en reanimación cardiopulmonar (RCP) e utilización de desfibriladores. A programación complétase con actividades físicas adaptadas, camiñadas e espazos de apoio e intercambio de experiencias entre persoas que viven ou viviron situacións cardiovasculares.

ÚLTIMAS

Tres feridos nun accidente entre dous coches en Sarria

Segundo informou o 112 Galicia, un particular deu aviso deste accidente arredor das 20.00...

Este 22 de novembro ás 18:00 na casa da cultura de Monforte, maxia para público familiar na programación do 25-N

Esta actividade enmárcase na campaña “Monforte en negro contra as violencias”, organizada polo Concello...

Alumnado do IES A Pinguela fai a Ruta dos Fornos e tírase en tirolina

Alumnado de 4º ESO do IES A Pinguela de Monforte achegouse esta semana ata...

Olalla Rodil destaca en Sarria que o BNG traballará desde o congreso para mudar a política industrial

Rodil visitou o Polígono do Morelle xunto co Vicepresidente da Deputación e concelleiro do...