Tres persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos en Vilapedre, Sarria (Lugo). Un dos turismos acabou envorcado na vía.
Segundo informou o 112 Galicia, un particular deu aviso deste accidente arredor das 20.00 horas e indicou que dous coches acababan de chocar á altura do quilómetro 16 da LU-546, en Vilapedre (Sarria). Ata o lugar desprazáronse membros de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Sarria e dos servizos de mantemento da estrada.
Ao chegar, os bombeiros confirmaron que nun dos vehículos viaxaba unha persoa e no outro, dúas; ningunha delas tivo que ser excarcerada. Finalmente, os tres implicados resultaron feridos e foron trasladados ao hospital.

