HomesociedadeRibeira Sacra pecha outubro cun 59,78 % de ocupación, superando o 89...

Ribeira Sacra pecha outubro cun 59,78 % de ocupación, superando o 89 % na ponte do Pilar

A actividade turística mantén tamén perspectivas favorables de cara ao mes de novembro. A previsión media sitúase actualmente no 34,80 %, superando en algo máis de 5 puntos porcentuais a previsión rexistrada no mesmo período de 2025, cando alcanzaba o 29,50 %.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten unha evolución positiva da ocupación durante o mes de outubro, cunha media do 60 %, superando en máis de 10 puntos porcentuais os resultados do mesmo período de 2025. Por categorías, os datos de ocupación en outubro foron os seguintes:

  • Hoteis 4 e 3*: 87,63 %
  • Turismo Rural: 43,78 %
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 37,10 %
  • Outros alox. (albergues, pensións, cámpings, apartamentos e hoteis de 2 e 1*): 70,62 %

A ocupación durante os días laborables situouse no 49,56 %, mentres que nas fins de semana acadou o 63,87 %. Outubro deixa así uns resultados que melloran os rexistros dos últimos anos. En total, contabilizáronse 6.493 prazas ocupadas sobre 10.861 prazas totais.

A ponte do Pilar, entre o 9 e o 12 de outubro, rexistrou unha ocupación definitiva do 89,24 %, superando a previsión inicial do 80,14 %. Por tipoloxías, os resultados foron os seguintes:

  • Hoteis 4 e 3*: 93,80 %
  • Turismo Rural: 69,11 %
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 100 %
  • Outros aloxamentos: 94,04 %

Estes datos supoñen un incremento de 17 puntos porcentuais respecto á ponte do Pilar de 2025, cando a ocupación se situara no 72 %, aínda que só se dera esa ponte (sábado a luns) en determinadas Comunidades Autónomas ao ser domingo o 12 de outubro.

PREVISIÓNS NOVEMBRO

A actividade turística mantén tamén perspectivas favorables de cara ao mes de novembro. Por tipoloxías, os hoteis de 4 e 3 estrelas presentan as previsións máis elevadas, con cifras que se aproximan ao 60 %. Cos datos dispoñibles neste momento, novembro presenta unha previsión superior á do pasado ano, mantendo unha evolución favorable da actividade turística durante a tempada de outono.

Desde o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra valórase positivamente esta evolución, tanto polo incremento da ocupación rexistrada durante outubro como polos resultados acadados na ponte e as perspectivas para novembro, “As condicións meteorolóxicas favoreceron uns resultados que axudan, sen dúbida, á desestacionalización”, sinalan.

ÚLTIMAS

Córtase ao tráfico a estrada provincial entre San Clodio e Alto da Cruz polas obras de rehabilitación que comezaron este 26 de novembro

A actuación, cun investimento de 136.000€, abrangue o tramo comprendido entre os puntos quilométricos...

“A cámara escura” este 26 de novembro no Multiusos de Monforte

O Edificio Multiusos de Monforte acolle este xoves, 23 de novembro, ás 20:15 horas,...

Xa é Nadal no CC Ponte Vella de Ourense

Ponte Vella deulleo pasado venres 20 de novembro a benvida ao Nadal co acendido...

Murais, performance e manifestos na celebración do 25N no sur da provincia

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...