HomesociedadeSegredos de Pantón organiza unha andaina cultural

Segredos de Pantón organiza unha andaina cultural

Está programada para o 8 de decembro e leva por título "Entre petróglifos e castros".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación cultural Segredos de Pantón anuncia unha nova actividade para comezos de decembro. Trátase dunha andaina circular duns 8 quilómetros pola parroquia de Espasantes. “Emprenderemos unha viaxe ao noso pasado cun percorrido pola parroquia de Espasantes, onde descubriremos uns cantos petróglifos e un castro con moita historia. E todo desfrutando da natureza dende o monte ata a ribeira”, comentan dende a organización.

A convocatoria para a saída será ás 10 horas onde o palco da festa de Santo Estevo de Espasantes (Ubicación Google Maps) e aceptaranse 30 prazas que se escollerán por orde de inscrición, cun prezo anticipado de 2 euros por persoa.

Para reserva e pago do prezo por adiantado deberá contactarse nos seguintes teléfonos 662 669 223 (Lucas) e 673 221 241 (Manuel). Ou tamén a través do correo electrónico segredosdepanton@gmail.com ou mensaxería interna de redes sociais: Instagram e Facebook.

ÚLTIMAS

Ata o 30 de novembro pódese participar no Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo

A campaña desenvólve ata o 30 de novembro, polo que a cidadanía aínda está...

Por Chantada reclama garantías sobre a calidade da auga de consumo

Por Chantada vén realizando distintas xestións para coñecer con maior precisión a situación da...

Cita co Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia en Monforte e Ribas de Sil esta fin de semana

A casa do concello de Ribas de Sil acolle este sábado, 28 de novembro,...

Comeza o XVII Concurso de Tapas da Guimaralia na Pobra do Brollón

O XVII Concurso de Tapas da Guimaralia, certame gastronómico organizado polo Concello da Pobra...