HomesociedadeDerradeiros días para inscribirse no Mercado de Nadal de Pantón

Derradeiros días para inscribirse no Mercado de Nadal de Pantón

O concello lembra que esta fin de semana remata o prazo para anotarse e formar parte deste mercado os días 5 e 6 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As solicitudes deben presentarse antes deste 29 de novembro na Casa da Cultura ou na sede electrónica do Concello de Pantón, xunto coa seguinte documentación:

Modelo de solicitude debidamente cumprimentada (impreso descargable na sede electrónica)

Memoria con fotos do produto que se vai a vender.

Fotocopia do DNI.

Fotocopia de estar de alta no imposto de actividades económicas

Os postos que estean admitidos serán comunicados a través do correo electrónico indicado na solicitude e publicados no taboleiro de anuncios do concello.

As bases da convocatoria para inscrición, admisión e selección de postos están publicadas na sede electrónica do Concello de Pantón.

ÚLTIMAS

Segredos de Pantón organiza unha andaina cultural

A asociación cultural Segredos de Pantón anuncia unha nova actividade para comezos de decembro....

Ata o 30 de novembro pódese participar no Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo

A campaña desenvólve ata o 30 de novembro, polo que a cidadanía aínda está...

Por Chantada reclama garantías sobre a calidade da auga de consumo

Por Chantada vén realizando distintas xestións para coñecer con maior precisión a situación da...

Cita co Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia en Monforte e Ribas de Sil esta fin de semana

A casa do concello de Ribas de Sil acolle este sábado, 28 de novembro,...