HomesociedadePetición de embargo preventivo da fábrica que Euroserum ten en Monforte

Petición de embargo preventivo da fábrica que Euroserum ten en Monforte

O Xulgado de Instrución número 2 de Monforte ten pendente aínda por resolver sobre a ampliación da querela interposta por Lácteos Ortegal contra a multinacional francesa, de transformación do leite Euroserum, por supostos delitos de estafa e corrupción de particulares

Publicado o

- Advertisement -

O xulgado de Lugo admitía, hai case dous anos, a querela de Lácteos Ortegal pola que se imputaba en calidade de investigados a un empregado da firma láctea e ao director de Euroserum Ibérica. En setembro do 2018 a querela enviouse aos xulgados monfortinos.

O director de Lácteos Ortegal acusa a un excomercial, encargado de captar a produción láctea de gandeiros e cooperativas por toda España, e ao responsable de Euroserum Ibérica, sociedade situada en Monforte, de atraer leite para a multinacional en “prexuízo directo de Lácteos Ortegal”.

Agora amplía a querela contra tres directivos de Euroserum en Francia e contra a empresa Candia, que opera sobre todo con nata e que forma parte da multinacional Sodiaal baixo a que tamén traballa Euroserum. A ampliación da querela chega despois de que o mesmo xulgado de Monforte arquivase unha denuncia de Euroserum Ibérica ao propietario de Ortegal, David López, por incumprimento contractual.

A ampliación de querela cara aos directivos de Euroserum leva unida unha petición de embargo preventivo da fábrica que Euroserum ten en Monforte, que agora pertence a unha compañía de nacionalidade chinesa chamada Yeeper tras adquirila a principios deste ano 2019.

Lácteos Ortegal, recolle entre “seis e oito millóns de litros de leite ao mes” que obtén de catro cooperativas, sobre 450 gandeiros, que traballan con Euroserum para a transformación en nata, calcula que a estafa podería superar o catro millóns de euros.

É na nata onde se produciu a suposta estafa, ao precisar directivos da empresa láctea galega, que se facía rebaixar a mesma “entre tres e cinco décimas” por Euroserum cando previamente fora analizada cuns parámetros por encima do catro por cento de materia graxa.

Lácteos Ortegal, que en 2016 facturou 13 millóns de euros, alerta do grave prexuízo que se fixo non só a esta empresa senón a todos os gandeiros aos que recolle leite, coa incerteza dous anos despois de que se sustancie a causa xudicial e agora amplíese a querela.

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...