Os 10 proxectos seleccionados como finalistas son:
- SEND2ME // Buzón electrónico para entrega de paquetería
- Recovery Blood //. Revalorización do sangue e outros subprodutos da industria cárnica.
- Sense(Z) // Detección de alérxenos en alimentos
- ENTELARTE // Tinglado creativo en torno á artesanía que convive coa cultura, a arte e o ocio.
- ACIOS GLAMPING & WINE // Campamento turístico na Ribeira Sacra
- Planificación de xestión circular de residuos orgánicos para revalorización enerxéticae restauración de solos degradados mediante xeración de biogás
- SmartWood // App para xestión forestal
- ItechTerm // Monitorización e control de variables sanitarias en gando vacún
- FUNDEEN MANAGEMENT SL // Plataforma de financiación para proxectos de enerxías renovables
- ARTIO // Bebida isotónica natural elaborada con auga de mar da costa atlánticagalega
Os finalistas defenderán as súas iniciativas ante un xurado composto por empresarios colaboradores, representantes das universidades galegas, do IGAPE e da asociación monfortina. Estará presente o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde, e aproveitarase a xornada para presentar tamén a nova fase do concurso coa incorporación de novos patrocinadores e colaboradores.
Cada un dos traballos disporá de 15 minutos para a súa exposición e deberá contestar ás preguntas que dende o xurado se lle plantexen. Ao longo da tarde o xurado debatirá e asignará os 3 premios, dotados con 8.000€, 5.000€ e 3.000€ respectivamente. Os galardóns serán entregados no transcurso dunha cea que, tamén no parador, celebrarase a partir das 21:00h.
A Asociación Semente de Monforte, creada na vila lucense tras ser agraciada co premio gordo da lotería de Reis, puxo en marcha o concurso co patrocinio de 14 empresas e o Concello de Monforte, contando coa colaboración de 3 universidades galegas e o apoio do Instituto Galego de Promoción Económica.