Homesociedade74.000 euros para melloras na casa consisiorial e no centro sociocultural de...

74.000 euros para melloras na casa consisiorial e no centro sociocultural de Bóveda

O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitaba este luns as instalacións obxecto da mellora

Publicado o

- Advertisement -

As obras que se fan con cargo á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, supoñen, por unha banda, mellorar a climatización da Casa Consistorial con 64.000 euros e mellorar o centro sociocultural para evitar humidades, o que supón un investimento de 10.000 euros.

Dende o ano 2009, Bóveda recibiu da Xunta, preto de 240.000 euros que destinou á dotación de equipamento para zonas verdes, melloras no saneamento, pavimentación de camiños ou obras de mellora de eficiencia enerxética.

Desde Vicepresidencia aseguran que estas axudas permiten levar a cabo actuacións que doutro xeito serían moi difíciles de executar polos concellos e informan de que nos orzamentos para 2019 se incrementan as liñas de axudas para infraestruturas nun 30%.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...