HomeCulturaLiteratura e música, actividades culturais en Quiroga

Literatura e música, actividades culturais en Quiroga

Esta tarde hai unha interesante presentación literaria e mañá pola tarde un concerto a cargo dos alumnos e alumnas da escola de música da localidade.

Publicado o

- Advertisement -

Ás 18:00 h. desta tarde terá lugar a presentación da nova obra da valdeorresa Mencía Yano na coñecida Librería Celia. Trátase da novela “Empezando de cero”, a historia dun traumático divorcio que provoca no seu protagonista o desexo de querer rachar co pasado. A partires desta decisión chega a terras do Bolo para ‘empezar de cero’ e como único plan de futuro que se marca é coidar da súa filla Lúa… Despois xa se sabe, o futuro tamén ten os seus plans.

Mencía Yano -seudónimo da autora- volve á novela, despois dun paréntese na creación de literatura infantil, e chega a Quiroga con ganas de crear interese pola súa obra e asinar moitos exemplares aos seus seguidores.

concerto de música

Para mañá sábado, o Concello de Quiroga ten programado un concerto a cargo dos alumnos e alumnas de música que estarán acompañados tamén polo seu profesor. Ofrecerán un concerto de piano, guitarra e instrumentos de vento metal. En canto ao repertorio interpretarán pezas de música tradicional, clásica, popular e moderna.

Será ás 19:00 h. na Casa da Cultura con entrada de balde para os asistentes.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...