HomeMedio ambiente e PatrimonioEtnoarqueoloxía da Ribeira Sacra desde Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón

Etnoarqueoloxía da Ribeira Sacra desde Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón

O proxecto, Adegas da Memoria, iniciativa do Concello da Pobra do Brollón e da Asociación de Veciños de Vilachá, mestura unha nova serie documental do mesmo nome, que afonda na vida cotiá dos veciños da parroquia ribeirá de Vilachá e o estudo científico sobre este territorio e as súas orixes, que tamén se recolle nos audiovisuais.

Publicado o

- Advertisement -

Este novo proxecto etnoarqueolóxico en Vilachá de Salvadur conta coa participación do Incipit-CSIC e está coordinado polo dinamizador turístico do Concello da Pobra do Brollón, Xosé Gago.

Xosé Gago explicaba durante a presentación, que o proxecto se apoia en catro pilares, A Veciñanza, a verdadeira protagonista da proxecto; Os Conventos, xacemento arqueolóxico do Val do Frade; Os Socalcos, elemento definidor da paisaxe da Ribeira Sacra, e as icónicas Adegas de Vilachá; e que tiña por obxectivo “atopar a verdade detrás das cousas, saír das etiquetas turísticas da Ribeira Sacra como unha paisaxe inmóbil de postal e afondar na orixe e evolución da Ribeira Sacra como elemento vivo.”

O Alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, lembraba que “os domingos de Vilachá, actividade turística que se desenvolveu o pasado ano e se manterá no tempo, están un pouco na orixe deste proxecto. Trátase, ademais de iniciativas que promoven e nas que participa a propia veciñanza, o que garante o éxito deste tipo de propostas. É a filosofía que mantemos sempre desde o equipo de goberno, a importancia de que os veciños se impliquen e nós implicarnos coas súas propostas.”

Presentación do proxecto Adegas da Memoria / Concello da Pobra do Brollón

No acto de presentación participaron, ademais, osarqueólogos Xurxo Ayán e Sonia García, a edafóloga Cruz Ferro; o director do Incipit-CSIC, Felipe Criado (que fixo unha intervención online, por non poder acudir), e representantes da Asociación de Veciños de Vilachá e do equipo responsable da serie, Iago Seoane e Rudá Cordaro.

O proxecto conta coa súa propia web https://adegasdamemoria.com e redes sociais onde coñecer a actualidade da iniciativa e poder ver a serie, que cada xoves contará cun novo capítulo.

O arqueólogo, Xurxo Ayán, que o pasado ano estivo ao fronte das escavacións no Castro de San Lourenzo, forma parte tamén deste proxecto do que asegurou “Imos na percura do mosteiro perdido, como Indiana Jones. Todas as pezas do proxecto estamos absolutamente implicadas nesta iniciativa que ten repercusión internacional”.

Feliz Idade

A Casa da Cultura Olga Novo, da Pobra do Brollón acolle este sábado, 30 de marzo, a presentación do novo libro de Olga Novo, “Feliz Idade”. A cita será ás 20.30 da tarde e intervirán Olga Novo, Xurxo Ayán, Luis Rei Núñez e Noa Moreira.

Cartaz / Concello da Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...