HomePolíticaPor Chantada-CUP presenta alegacións a uns orzamentos que din “non cotemplan proxectos...

Por Chantada-CUP presenta alegacións a uns orzamentos que din “non cotemplan proxectos de futuro”

Segundo Por Chantada-CUP e lexislatura de Inta foi “de parálise, sen inversións nen proxectos para construír futuro e confrontar as graves problemáticas que colectivamente desafían a Chantada".

Publicado o

- Advertisement -

Denuncian desde Por Chantada-CUP que o Orzamento chegou fóra de prazo e que pola Conta Xeral de 2017 saben que dos investimentos reais se executaron só 477.896,73€, deixando sen executar 362,309,03€. Aseguran que Chantada, cun orzamento de 6.373.114.88€ só contempla investir o 4.81% dos seus recursos a pesar do estado das súas infraestruturas.

Por Chantada-CUP di botar en falta nos orzamentos, que se impulsen o imposto ás eléctricas e as bonificacións para o sector primario. Lembran tamén que o IAE “segue sendo inferior ao que Chantada merece polo impacto destas actividades, mais este alcalde en 20 anos non fixo xestións ao respeito”. Pregúntanse desde Por Chantada-CUP onde están as inversións para as problemáticas coa auga, a canalización dos regatos ou onde se contempla o arranxo da casa escola do Moredo.

No capítulo de ingresos aseguran, “parécenos unha tolaría que se multiplique en varios díxitos a estimación de ingresos por sancións de tránsito, en base na contratación dunha empresa para xestionar as multas.”

Segundo Por Chantada-CUP, nos presupostos non hai proxectos de futuro, ou investimentos pensados “para proxectar no país do Faro un modelo de futuro para a maioría social.” Nesta situación consideran que “O concello non debería volver ao PP, debería polo ben de Chantada fechar o seu ciclo político e irse para a casa.”

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...