HomeEconomíaConvocatoria de emprego para o verán do Consorcio de Turismo da Ribeira...

Convocatoria de emprego para o verán do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 6 de xuño

Publicado o

- Advertisement -

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra acaba de facer públicas as bases para a contratación dun informador turístico en réxime de persoal laboral-temporal dende o día 15 de xuño ata o 15 de setembro, ambos inclusive.

Para poder optar a este posto, os candidatos deben ter a titulación ou ben de técnico superior en información e comercialización turística, de técnico superior en guía, información e asistencia turística, de técnico en empresas e actividades turísticas ou ben posuír a titulación de grao ou diplomado en turismo ou no seu defecto, un equivalente homologado.

A duración da xornada laboral será de 40 horas semanais, repartidas en 6 horas diarias de luns a sábado. 

Os interesados deberán descargar o modelo de solicitude na páxina web de Turismo Ribeira Sacra e presentar , ata o día 6 de xuño, a documentación requerida ou ben na Sede de Presidencia no Concello de Sober ou na Sede Administrativa no Concello de Nogueira de Ramuín en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...