HomesociedadeOs centros educativos permanecerán pechados a partir do luns 16 pola crise...

Os centros educativos permanecerán pechados a partir do luns 16 pola crise do coronavirus

A Xunta suspende as clases en toda a comunidade para frear a expansión da enfermidade.

Publicado o

- Advertisement -

As clases de todos os centros educativos de Galicia quedan suspendidas a partir do vindeiro luns, 16 de marzo, e durante os seguintes catorce días ante a crise do coronavirus.

Esta medida foi acordada polo Consello da Xunta nunha reunión mantida este xoves co obxectivo de conter a propagación da enfermidade e “minimizar” o seu impacto.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, deixou aberta a opción de que o alumnado non acuda tampouco mañá ás aulas, “se é posible”.

OS CENTROS DE MAIORES

Ademais, a Xunta decretou o peche dos centros comunitarios dende este venres e acordou medidas para o funcionariado, cun protocolo que recolle a promoción do teletraballo, a flexibilidade horaria e a reorganización de quendas laborais.

Podes ler máis información no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...