HomeComarca de ChantadaTaboadaTaboada presenta o cartel da Festa do 'Caldo de Ósos'

Taboada presenta o cartel da Festa do ‘Caldo de Ósos’

A obra foi deseñada por Antón Lezcano e o evento terá lugar a fin de semana do 14 e 15 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Taboada quentan xa motores para a celebración da XXXIV edición da súa emblemática Festa do Caldo de Ósos coa presentación da imaxe representativa do evento, unha obra do artista gráfico Antón Lezcano.

En palabras do concelleiro de festexos, Manuel Diéguez, a obra é “unha imaxe chea de forza na que a estrela é a pota/porquiño, da que sae un fume engaiolado de tradición, coma a burbulla que leva a cunca onde se serve o caldo”.

A festa, que terá lugar a fin de semana do 14 e 15 de febreiro, enxalza o prato máis típico de Taboada que é o “Caldo de ósos”. Segundo se di no lugar, se o atopas noutro sitio, é porque alí instalouse un veciño de Taboada. A súa orixe remóntase as antigas matanzas, cando se aproveitaban os ósos da soá do porco para facer un xantar contundente contra o frío.

Pota co Caldo de Ósos. Foto: Concello de Taboada

Na presentación, o tenente de Alcalde, José Portela; e o concelleiro de Cultura, Rural e Deportes, Manuel Diéguez, explicaron que en vindeiras datas desvelarán o nome do pregoeiro ou pregoeira e darán conta do programa festivo e cultural.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...