HomeCultura'El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática', interesante...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

Forma parte dun ciclo de conferencias organizadas polos colectivos "Amigos Patrimonio de Lemos" e "O Colado do Vento" para comprender mellor a importancia histórica de Monforte e da Terra de Lemos na época medieval. Será este venres 6 de febreiro ás 20h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes 6 de febreiro ás 20:00 h. a conferencia El monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática. O ponente será Carlos Rodríguez Fernández, doutor en Historia.

Os organizadores, Amigos Patrimonio de Lemos e O Colado do Vento, afirman que “esta conferencia xorde coa intención de dar continuidade a un ciclo de charlas dedicado a divulgar distintos estudos sobre a Idade Media na Terra de Lemos, iniciado coa conferencia A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media –celebrada recentemente na Casa da Cultura–, e para achegar ao público investigacións rigorosas que permitan comprender mellor a importancia histórica de Monforte e da Terra de Lemos durante a época medieval”.

esta conferencia xorde coa intención de dar continuidade a un ciclo de charlas dedicado a divulgar distintos estudos sobre a Idade Media na Terra de Lemos

O conferenciante, Carlos Rodríguez Fernández, centrará a súa exposición na análise da documentación medieval vinculada ao mosteiro de San Vicente do Pino, tratándoa por unha banda como obxecto de estudo en si mesmo, achegando claves para comprender e interpretar documentos antigos, e por outra como ferramenta fundamental para reconstruír, de maneira clara e accesible, aspectos relevantes do contexto histórico e artístico do mosteiro e da súa área de influencia ao longo do tempo.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...