HomesociedadeO Frei Luis de Granada de Sarria non abrirá as súas portas...

O Frei Luis de Granada de Sarria non abrirá as súas portas o próximo curso

O colexio sarriano, Frei Luís de Granada, estaba pechado desde a metade deste curso por deficiencias estruturais no edificio. A plataforma de afectados polo peche sinala, que se vai a aprobar un proxecto de reforma estrutural, o que implicaría "a realización de obras durante o próximo curso".

Publicado o

- Advertisement -

Estas obras e o peche do centro provocan a recolocación dos alumnos noutro centro educativo e tamén na escola fogar, onde estaban ata o inicio da pandemia. O portavoz da Plataforma, Javier Pico, sinala a Europa Press, que non ten claro que “a escola fogar poida ser un sitio seguro para os nenos”, a pesar de todo, a Xunta avanzou que fará obras no edificio para que os nenos poidan ter máis espazo nas aulas. Pero Pico afirmou que a escola fogar “non cobre os requisitos mínimos nin en espazo, nin accesibilidade”.

Por parte da plataforma de afectados queren ver “con antelación o que expón a consellería de educación para que este espazo sexa seguro”, sostivo Javier Pico. Ademais, Pico indicou que por parte da Xunta están desinformados das accións que ten pensado levar a cabo a Administración autonómica, xa que a última notificación foi un correo electrónico que enviaron “a un dos pais”.

Neste caso son uns 380 nenos os que están afectados polo peche do colexio en Sarria e por parte da plataforma, o seu portavoz, dixo que “a recolocación que expón a Xunta foi tomada de forma unilateral e sen consultar en ningún momento cos afectados”, concluíu Pico.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...