HomesociedadeSegue aumentando o foco da Mariña: 26 positivos máis para 85

Segue aumentando o foco da Mariña: 26 positivos máis para 85

Hai máis de 700 persoas illadas e realizáronse máis de 1.000 probas PCR, segundo o Sergas.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa que, nestes momentos, segundo as probas realizadas ata esta mañá, confírmanse outros 26 casos positivos de persoas afectadas por coronavirus no brote da Mariña Lucense, o que eleva a 85 o número total de casos detectados.

Dos 85 casos positivos “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

Aumenta a presión hospitalaria no Hospital Público da Mariña; ás dúas persoas ingresadas, un home residente en Burela de 71 anos e unha muller que foi hospitalizada en atención a outra patoloxía e deu positivo na proba PCR, súmanse outros dous pacientes.

As persoas cuxas probas deron resultado negativo, indica o Sergas permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai, segundo a Consellería de Sanidade, “máis de 700 persoas” confinadas, e realizáronse “máis de 1.000 probas PCR”.


O primeiro caso de infección por Covid-19 detectouse, expón o Sergas, na tarde do martes 23 de xuño. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas. Ata o momento, mediante as probas realizadas confírmase a existencia de 85 positivos en covid-19 relacionados con este brote.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...