IniciosociedadeDenunciado un hosteleiro de Taboada por "desobediencia" e non usar a máscara

Denunciado un hosteleiro de Taboada por “desobediencia” e non usar a máscara

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil denunciou a un hostaleiro da localidade lucense de Taboada por “desobediencia” xa que se negou a colaborar cos axentes que inspeccionaron o seu local e non lles facilitou a documentación que lle requiriron, ademais de tramitar unha proposta de sanción por non facer uso da obrigatoria máscara no seu traballo.

Segundo informou a propia Garda Civil, os feitos producíronse nun bar da localidade de Taboada durante a madrugada do sábado -día 18- ao domingo -19 de xullo-, ao decatarse unha patrulla de que o propietario do establecemento estaba a incumprir o horario permitido de peche.

O hosteleró foi denunciado por non usar a máscara, por non cumprir a normativa antitabaco e por “diversas infraccións relacionadas coa hostalaría”.

Tamén por “desobediencia”, dado que se negou a colaborar cos axentes que realizaron a inspección e non lles proporcionou a documentación que lle solicitaron.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...