HomeDeportesTodos os pilotos de rali lucenses poderán optar a axudas públicas

Todos os pilotos de rali lucenses poderán optar a axudas públicas

Publicado o

- Advertisement -

Os pilotos de rali lucenses terán unha axuda económica de entre 400 e 7.000 euros para sufragar gastos federativos das actividades deportivas, gastos de inscrición para competicións oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do coche e material e de competición, así como gastos de adquisición de neumáticos.

Estas axudas serán concedidas en base a criterios obxectivos e sociais. Polo tanto terase en conta o palmarés, o ránking oficial e a participación en probas federadas. Tamén se valorarán de xeito positivo as solicitudes de pilotos con capacidades diferentes, as mulleres pilotos e as de pilotos con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

Para poder optar a estas axudas, os interesados poder atopar o modelo de solicitude na páxina web da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Co Xoves de Compadres comeza o Entroido na Ribeira Sacra

No concurso de Compadres convocado polo Concello de Monforte participaron unha vintena de asociacións,...

Un amplo programa animará o Entroido no Concello da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón empezou este 5 de febreiro a celebración do...

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...