HomesociedadeCo Xoves de Compadres comeza o Entroido na Ribeira Sacra

Co Xoves de Compadres comeza o Entroido na Ribeira Sacra

A celebración do Xoves de Compadres inaugurou o Entroido nos concellos da Ribeira Sacra con pouca participación pola chuvia. Aínda así no concello de Monforte non faltaron decenas de compadres, que despois se quimarían na Praza de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concurso de Compadres convocado polo Concello de Monforte participaron unha vintena de asociacións, entidades e persoas a título individual, destinando 2.000€ en premios en 3 categorías: unha para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e unha terceira de carácter individual na Praza de España.

En total, presentáronse a concurso unha vintena de propostas:

  • Parroquias/barrios/rúas. Colectivos: 8 asociacións e entidades participantes cun total de 42 compadres.
  • Parroquias/barrios/rúas. Individual: 4 participantes con 7 compadres en total.
  • Centros de ensino. Colectivo: 1 centro.
  • Centros de ensino. Individual: 4 centros.
  • Praza de España. Individual: 3 participantes con 3 compadres.

Os premios coñecéronse pasadas as 17.30 horas, e foi a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada do Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a encargada de facer a correspondente lectura. Previamente, felicitou a todos os participantes e agradeceu a asistencia dos centros de ensino e compadres individuais neste acto da Praza de España, no que finalmente o tempo acompañou.

  • Crítica socialBar-Cenas, hay chistorras y lechugas. San Xillao de Tor, 150€.
  • EtnografíaA antiga escola. Asociación Agora, 150€.      

-Parroquias/barrios/rúas. Colectivo:

  • Accésit –  O mundo do revés. Asociación Prodeme75€.
  • Accésit – Pedimos ao Concello… Alicia Dapena Pérez, 75€.
  • Accésit – Cesta da compra polas nubes. AFAMON, 75€.
  • 2º –   Futuro incierto. Asociación Agora, 120€.
  • 2º-    Trump conquista Groencobas. Asociación Veciños Barrio de Cobas, 120 €
  • 1º –   Bar-Cenas, hay chistorras y lechugas. San Xillao de Tor, 150€.
  • 1º –   A antiga escola. Asociación Agora, 150€.

-Barrios individual (ata 3 compadres):

  • 2º –   Trumpisto. Geriatros Domus VI Monforte, 75€.
  • 1º –   Zenón apaña leña por Guntín. Matilda Somoza González, 100€.

-Praza de España  individual

  • Accésit – O ronroneiro oficial. Luis Gallego López, 50€.
  • 2º –  El vampiro que vive en el castillo. Abril Blanco Rajo, 75 €
  • 1º –  Un vello dos de antes. Adelina Deus González, 100€.
Compadres na Praza de España. Foto: Concello de Monforte.

-Centros ensino. Colectivo (Máis de 3 compadres)

  •  –  Policán. Colexio Ferroviario, 150€.

-Centros ensino. Individual

  •  –  Mouros. CEIP Monforte, 75€.
  •  –  Os cars do Torre de Lemos. Fundación Educativa Torre de Lemos, 75€.
  • –   José Andrés, emociónate comigo para axudar. CEIP A Gándara, 100€.
  • –   Mazinger Z, ANPA Colexio Escolapios, 100€.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...