HomesociedadeA Mencía namorou a Rusia

A Mencía namorou a Rusia

Importadores do grupo ruso SIMPLE buscaban na Ribeira Sacra viños frescos, fáciles de beber e con terroir e a Mencía, variedade principal na D.O. Ribeira Sacra, cumpliu os seus obxectivos.

Publicado o

- Advertisement -

Os importadores rusos coñeceron o territorio, o modo de cultivo en socalcos nas ladeiras do Miño e do Sil e o traballo nas adegas. Tiveron ademais a posibilidade de valorar corenta referencias de viños brancos e tintos, prestando especial atención aos elaborados coa variedade Mencía.

O responsable da expedición, Sandro Khatiashvili, aseguraba que a viaxe a Galicia se debía a un aumento de interese no mercado ruso polos viños elaborados con uva Mencía, interese que cren continuará aumentando. Desde a delegación rusa apuntaban que España é o terceiro país onde máis viños de alta gama importan e que Ribeira Sacra é para eles unha das rexións con maior potencial. Interésalles a variedade Mencía pola capacidade que ten de transmitir a identidade da Ribeira Sacra, o que os franceses chaman “terroir”. Con esta visita enmarcada nunha misión inversa organizada polo ICEX, Rusia convértese nun novo mercado para os viños desta Denominación e atrae a atención doutros importadores internacionais.

 

 

 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...