HomeComarca de ChantadaChantadaAchan dúas mulleres desnutridas na súa casa de Chantada tras varios días...

Achan dúas mulleres desnutridas na súa casa de Chantada tras varios días encerradas

A Policía Local accedeu o venres cunha orde xudicial á vivenda e atopounas na cama, tras o cal foron trasladadas a un hospital.

Publicado o

- Advertisement -

Dúas mulleres, nai e filla de 89 e 48 anos de idade, foron atopadas en estado de desnutrición nunha vivenda de Chantada na que levaban varios días encerradas, polo que tiveron que ser trasladadas ata un centro hospitalario. Segundo informan fontes da Policía Local, foron os veciños os que deron a voz de alarma ao Concello, xa que levaban varios días sen ver a estas dúas persoas.

Deste xeito, os axentes aproximáronse ata a casa durante varios días para tratar de localizalas, dado que tampouco se tiña constancia de familiares cos que as mulleres mantivesen o contacto. A pesar de que chamaron repetidas veces á porta, non viron indicios de actividade na vivenda. De acordo co relato da Policía Local, finalmente solicitouse unha orde xudicial para poder articular un dispositivo co que acceder ao domicilio.

Coa axuda dos bombeiros, que romperon un cristal do primeiro piso, os policías lograron entrar na casa e acharon ás dúas mulleres nunha cama desnutridas e deshidratadas, mentres que o domicilio se atopaba en moi malas condicións. Ademais, no momento en que as localizaron, ningunha das dúas lograba articular un discurso coherente.

Entón, os axentes avisaron ao 061-Urxencias Sanitarias para que dese atención médica ás dúas mulleres. Finalmente, foron trasladadas ata o hospital comarcal de Monforte, onde aínda se atopan.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...