IniciosociedadeA familia do suposto agredido en Chantada: "REDE utiliza a versión dun...

A familia do suposto agredido en Chantada: “REDE utiliza a versión dun enfermo psiquiátrico para atacar a DomusVi”

Aseguran que Paulino Campos coñecía que o ancián presentaba trastornos mentais pero decidiu "seguir adiante" para satisfacer "os seus propios intereses". "Sinto que os fillos poñan unha venda nos ollos, non é meu problema", asegura Campos quen di que denunciar para protexer ao seu pai.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado sábado 16 de maio a federación galega REDE, encabezada polo presidente Paulino Campos, rexistrou unha denuncia contra a directora da residencia DomusVi de Chantada. O escrito acusaba á directora do xeriátrico ter agredido a un interno da residencia, á parte de considerala responsable dun delito de ameazas e coaccións, todo de acordo coa versión do usuario de DomusVi.

O caso vén de dar un novo xiro tras a denuncia do fillo do usuario supostamente agredido, que asegura que o presidente de REDE, Paulino Campos, se “aproveitou” da inestabilidade mental do seu pai para levar adiante “os seus propios intereses” na forma deste “ataque” contra a multinacional das residencias.

Segundo explica a Xornal de Lemos o fillo do suposto agredido, o número un de REDE teríase valido da versión ofrecida por este anciá a sabendas de que este presenta un trastorno psiquiátrico que lle impide prestar un testemuño correspondente á realidade. “Está utilizando a meu pai, un enfermo psiquiátrico, para atacar a DomusVi”, engade o denunciante.

Segundo explica este home, Paulino Campos era coñecedor de que o ancián en cuestión padecía o trastorno psiquiátrico aludido. “Meu irmá chamouno o pasado domingo e explicoulle a situación do meu pai. <<Ti estás usando a información dunha persoa que non está ben para facer carnaza>>, díxolle, pero Paulino seguiu para diante”.

DENUNCIAS EN DÚBIDA

Ao parecer, e segundo relata este home, o ancián que serviría de fonte para a denuncia formulada por REDE presenta trastorno de delirios e manía persecutoria.

Por iso resta credibilidade á denuncia formulada por Paulino Campos, ao que acusa de non ter en conta as advertencias da familia. “Este home di que é dunha asociación que axuda aos familiares dos residentes de xeriátricos e é mentira, porque os familiares pedímoslle que non fixera nada, e que antes de facer algo falara coas familias. Pero nin se molestou, e ao meu irmán tratouno fatal”, engade.

O caso estenderíase, do mesmo xeito, á propia denuncia formulada o pasado día 16. “Denuncian que hai coaccións da directora á familia, e é mentira”. Esta problemática, engade o home, estaría a dificultar a situación mental do ancián afectado. Este home, que pasou o groso da pandemia sen maior problema, “está descontrolado dende que entrou en contacto con este señor Paulino Campos, que non se por que apareceu nas nosas vidas”.

PAULINO CAMPOS: “AXUDEI A UNHA PERSOA INDEFENSA”

Pola súa banda, Paulino Campos, dixo que está “moi orgulloso de que este usuario viñera na miña procura a primeiros de maio” para denunciar que se sentía “preso” no seu cuarto da a residencia de DomusVi en Chantada, “onde a empresa o confinou vulnerando os protocolos do Goberno”.

O representante de REDE di que, posteriormente, este usuario volveu contactar con el para denunciar que fora agredido pola directora do centro. “No nome del, polo seu mandato, dúas persoas denunciamos eses feitos, como tamén nos pide a lei, puxemos en coñecemento da policía e da xustiza unha agresión (ameazas e coaccións tamén) a unha persoa maior vulnerábel e indefensa”, di en declaracións a Xornal de Lemos.

Por iso, en relación as críticas que lle fai a familia, Paulino Campos di non entender como se poñen de parte da directora do centro que agrediu ao seu pai. “Sinto que os fillos poñan unha venda nos ollos, non é meu problema, alá eles… agora, é terríbel que o fagan ante unha agresión física (e psíquica) e ante un confinamento forzado inhumano”.

“Son fidel á petición de axuda do usuario, e como representante do maior colectivo de familias e usuarias de residencias en Galicia e como un dos portavoces da maior ‘plataforma’ europea de organizacións de familiares e usuarias (creada no Estado español nestes días pasados) só me resta reafirmar o contido do decálogo da Plataforma: “Fronte ó maltrato, tolerancia cero”…”

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...