HomeMedio ambiente e PatrimonioPreséntase no Museo do Prado a candidatura da Ribeira Sacra ante os...

Preséntase no Museo do Prado a candidatura da Ribeira Sacra ante os embaixadores da UNESCO

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou este martes, 8 de xuño, no Museo do Prado de Madrid a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial ante os embaixadores do Comité da Unesco, do que forman parte 21 países.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación deste martes é o primeiro paso na nova etapa da candidatura, segundo explicou o conselleiro nun acto no que estes representantes puideron coñecer o traballo técnico realizado así como o labor de posta en valor a conservación desta paisaxe cultural. 

Neste marco no que tamén participou o embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló, o titular de Cultura salientou que tras a decisión de facer un aprazamento estratéxico da candidatura atendendo ás avaliacións e informes de Icomos, Xunta e Estado mellorarán todo o que sexa preciso para dar o último paso “con toda a forza e conseguir o si definitivo”. “A Ribeira Sacra é un espazo único, cun gran valor incapaz de decepcionar a quen o visita, polo que manteremos vixente o compromiso”, sinalou.

Ribeira Sacra Museo del Prado / EFE

Do mesmo xeito, apuntou que o obxectivo compartido co Goberno do Estado é intensificar o traballo da candidatura e seguir avanzando para facer da Ribeira Sacra “un territorio máis vivo, mellor coidado e máis recoñecido en todo o mundo”. “A decisión de pospoñer os trámites finais é unha oportunidade para fortalecer o noso traballo e mellorar algúns aspectos para que poidamos acreditar coas máximas garantías os valores excepcionais da Ribeira Sacra”. Para iso, tal e como apuntou,  apostarase por facer “as cousas ben, como ata agora, para chegar seguros e con paso firme e decidido á valoración final”. 

Valores excepcionais

O responsable de Cultura da Xunta aproveitou para sinalar que a Ribeira Sacra é unha paisaxe que conxuga “beleza, natureza e patrimonio” que é capaz de ofrecer unha experiencia cultural en si mesma. “Este é un territorio que destaca, precisamente, pola súa capacidade para conservar os seus valores excepcionais e que reflicte a transformación pausada e respectuosa do home sobre a terra”, engadiu. 

En paralelo ao traballo na candidatura, o Goberno galego continuará avanzando nos distintos plans que ten en marcha para este territorio como o Plan Ribeira Sacra, a folla de ruta dotada con 34 millóns de euros que inclúe a diversos departamentos da Xunta de Galicia vencellados coa ordenación do territorio, a promoción turística ou a conservación do patrimonio e dos valores. Ademais, o obxectivo é complementar estas medidas co proxecto presentado aos fondos europeos Next Generation para actuar sobre este territorio e que aspira a captar 40M€. 

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...