HomesociedadePipper, o influencer canino na Ribeira Sacra

Pipper, o influencer canino na Ribeira Sacra

O turista canino percorre o país en busca de recursos turísticos que admiten mascotas e para promover este nicho de negocio fronte á crise. Estes días mostra aos seus 100.000 seguidores en redes sociais plans para facer con can en Ribeira Sacra, Allariz e a costa de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pipper explora nas súas viaxes que poden facer, e que non, as familias que viaxan con mascota para contalo aos 100.000 seguidores que ten en www.pipperontour.com e os seus perfís en redes sociais. Na Ribeira Sacra xa visitou adegas que admiten turistas con mascotas educadas, percorreu varios templos do románico e entrou no Ecomuseo de Arxeriz, ademais de acceder a varios restaurantes que aceptan cans de compañía.

Ata mañá martes permanecerá en Allariz para protagonizar unha reportaxe promocional do destino dirixido a turistas con mascota, unha tendencia crecente que pode axudar ao sector para volver a crecer cando termine a crise derivada da actual pandemia. E o mércores e xoves gozará dunha das praias caninas de Lugo, Punta Corveira, en Barreiros. Pipper xa visitou fai tres anos outros destinos galegos durante o arranque da súa volta a España: Rías Baixas, Santiago de Compostela e Costa da Morte.

Desde maio de 2018, este popular can percorreu preto de 50.000 quilómetros promocionando o turismo con mascota en todas as comunidades españolas xunto ao seu humano, o xornalista donostiarra Pablo Muñoz Gabilondo. Os cans de compañía son hoxe uno máis da familia no 26 por cento dos fogares españois e os destinos españois han comezado a adaptar os seus transportes, aloxamentos, hostalería… para acoller a este perfil emerxente de usuario. Integrar ás mascotas educadas no día a día das cidades é unha maneira de evitar o abandono e, de paso, de xerar negocio para saír da actual crise.

‘As aventuras de Pipper’

O can influencer, ao que seguen 100.000 persoas nas redes sociais, avalía en cada destino as facilidades (e dificultades) que teñen as familias con mascota para facer a súa día a día e cóntao no seu blogue. Agora Pipper salta ao cómic para concienciar a pequenos e maiores con ‘As aventuras de Pipper’. Neles, Pipper é un sabuxo que protagoniza intrigantes e divertidas historias cuxo propósito é educar a nenos e maiores en valores como o amor polos animais, o seu coidado, a responsabilidade de ter unha mascota e a integración dos cans educados no día a día das persoas. É un granito de area máis na loita contra os 100.000 abandonos que se producen en España cada ano, unha das maiores taxas da UE. Nos dous primeiros tomos da colección o seu protagonista percorre España para investigar o roubo de cans en parques e rúas, e os envelenamentos de animais en parques urbanos.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte esixirá no pleno maior atención á limpeza de parroquias e barrios

A voceira popular, Katy Varela, sinala que “son moitas as queixas que recibimos de...

Segunda fin de semana de Mercado de Nadal na Praza de Abastos de Monforte

Ó igual que a pasada fin de semana, o Mercado de Nadal de Monforte,...

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...