HomeComarca de ChantadaChantadaSan Fiz, a parroquia de Chantada "arruinada" pola saraibada de hai unha...

San Fiz, a parroquia de Chantada “arruinada” pola saraibada de hai unha semana

Asumen que será "moi díficil" optar á cualificación de zona catastrófica.

Publicado o

POR
Europapress
- Advertisement -

Os veciños da parroquia de San Fiz, no municipio de Chantada, veñen de se implicar en “dar tratamento” ás viñas afectadas tras a granizada de hai unha semana que arruinou a colleita dos viticultores da zona. Un dos afectados é o propio alcalde de Chantada, Manuel Varela. Neste municipio ese “pedrisco” caído estragoulle os poucos máis de 200 metros de viñedos e máis de 1.200 quilos de uva.

Varela explicou que San Fiz “quedou arruinado”. “Agora o que estamos a facer é dar tratamento á viñas para salvar a inmensa maioría e que o ano que vén sexa (a produción) o máis decente posible”, abundou. Sobre axudas, o alcalde lembrou que “desde a Consellería de Medio Rural vaise a establecer unha liña de axudas para as infraestruturas”. “Ímoslle a dar unha volta a aquelas que quedaron danadas”, engadiu.

Ademais, avanzou que van presentar ” unha iniciativa na Comisión de Agricultura do Senado” para ver se son “capaces de que se declare zona catastrófica”. “Aínda que vai ser moi difícil pero ímolo a tentar”, anticipou.

Unhas asistencias que non só vai requirir polos danos nos viñedos, senón tamén por “as desfeitas que se produciron en hortas, nas patacas e nas castañas e é que San Fiz é unha parroquia con moitos castiñeiros que vén ser un complemento para moitas familias”, sinalou. “A ver se somos capaces de meterlle liñas de axudas que mitiguen eses estragos”, subliñou Manuel Varela.

O alcalde de Chantada puntualizou que hai outras zonas tamén damnificadas, como na parroquia de Pesqueiras, con moitas familias tamén afectadas por esa granizada que chegou a danar, en conxunto, “entre 65 e 70 hectáreas”.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...