HomeEconomíaAxudas para a recuperación de terras agrícolas e gandeiras

Axudas para a recuperación de terras agrícolas e gandeiras

A Deputación Provincial inviste 300.000 euros nestas axudas que supoñen 500 euros por hectárea ata un máximo de 9.000 euros

Publicado o

- Advertisement -

Este luns, día 20 de agosto, ábrese o prazo para a solicitude de axudas para a recuperación de terras abandonadas, nas que o Goberno Provincial inviste 300.000 euros. Poden solicitar estas axudas gandeiros e agricultores a título individual; agrupacións de produtores; SATs ou persoas xurídicas coa titularidade de explotacións, que dispoñan dun mínimo dunha hectárea de superficie en réxime de propiedade, aluguer, ou ben como cesión ou doazón.

As terras beneficiadas terán que destinarse a actividades agrícolas ou gandeiras, quedando fóra a explotación forestal. A subvención por hectárea é de 500 euros e cada beneficiario poderá recibir un máximo de 9.000 euros.

O Executivo Provincial, recupera así unha medida que puxera en marcha no 2014 e 2015, anos no que a Deputación investiu máis de 560.000 euros que serviron para que 178 agricultores lucenses recuperasen 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia, segundo apuntan desde o organismo provincial.

ÚLTIMAS

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...