HomeDeportesO monfortino Miguel Arias campión do 'Spanish Masters Internacional' de Squash

O monfortino Miguel Arias campión do ‘Spanish Masters Internacional’ de Squash

A competición tivo lugar esta pasada fin de semana nas instalacións do Squash Club Santiago, no Milladoiro, lugar onde o xogador de Monforte proclamouse campión tras superar a varios dos principais favoritos ao título.

Publicado o

POR
Manuel Luaces
- Advertisement -

A vitoria de Miguel Arias, que devolve o squash monfortino á elite máster, ten ademais un valor especial tanto polo nivel do torneo como pola traxectoria recente do deportista. Despois de varios anos afastado da competición debido á falta de instalacións en Monforte tras o peche do Artai Squash Club, Miguel regresou ás pistas coa reapertura dunha cancha de squash no ximnasio AB Fitness e fíxoo da mellor maneira posible: levantando un título internacional.

O monfortino completou un campionato practicamente perfecto. Na fase inicial venceu con autoridade por 3-0 a Pedro Ríos, de Fuengirola e cabeza de serie número 4, e posteriormente impúxose tamén por 3-0 a Francisco Pérez, de Xerez da Fronteira.

Xa na xornada do sábado chegou unha das vitorias máis destacadas do torneo ao derrotar por un contundente 3-0 ao polaco Bartłomiej Wojtunik, cabeza de serie número 1 e máximo favorito ao triunfo final. Pouco despois superou tamén por 3-0 ao xogador local Carlos Veiga, asegurando así o seu pase á gran final.

No encontro decisivo, disputado o domingo 14 de xuño, Miguel Arias enfrontouse a Miguel Gómez, de Xerez. Nun partido de gran intensidade e alto nivel técnico, o xogador monfortino impúxose por 3-1, proclamándose campión do Spanish Masters Internacional e culminando unha actuación que pode cualificarse de auténtico éxito deportivo.

RECUPERACIÓN DO SQUASH MONFORTINO

Máis alá do resultado, o triunfo de Miguel Arias representa tamén a recuperación do squash competitivo en Monforte de Lemos. A volta á actividade dalgúns dos xogadores históricos da cidade demostra que este deporte segue mantendo unha importante base de afeccionados e practicantes que non renunciaron a el pese aos anos sen instalacións adecuadas.

A conquista deste título internacional supón unha das mellores noticias para o squash monfortino nos últimos anos e confirma que, malia o tempo afastado das competicións, Miguel Arias continúa demostrando un nivel competitivo extraordinario, capaz de superar aos principais favoritos e de regresar á competición coroándose campión.

Foto de familia ao remate da competición. Foto cedida.

ÚLTIMAS

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...