HomesociedadeRibeira Sacra segue gustando en Euskadi

Ribeira Sacra segue gustando en Euskadi

Este martes día 21 entregáronse os premios aos viños da Ribeira Sacra premiados na XVIII Cata-Concurso dos Viños de Galicia organizada pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

Publicado o

- Advertisement -

A cata celebrouse o pasado 16 de xuño en Llodio-Laudio (Álava), co gallo da celebración do XXXIII Día de Galicia en Euskadi,  e como ven sendo habitual no mes de agosto entréganse os premios aos seus destinatarios que nesta ocasión son na categoría de viños tintos:

  • 1º clasificado “Viña Peón 2017” Adega Canceliño (Sober)
  • 2º clasificado “Casa Moreiras 2017” Adega Casa Moreiras (Pantón)
  • 3º clasificado “Marqués de Garoña 2017” Adegas Viña Garoña S.L. (Chantada)

Na categoría de viños brancos galegos recibiu accesit o godello “Viña Garoña 2017”de Adegas Viña Garoña S.L. (Chantada).

Para a entrega de premios acudiron a Presidenta da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, Pilar Rodríguez e o organizador das catas concurso José David Fidalgo.

Os viños da Ribeira Sacra consolídanse como referentes dos viños galegos nas citas de Euskadi, despois de que na Guía Peñín veñan referenciados como os viños mellor valorados de Galicia e de que no certame VinDuero VinDouro, o maior certame internacional de viños de España e Portugal, dous viños da D.O. Ribeira Sacra acadasen medalla de ouro e medalla de prata. Respectivamente as medallas foron para Alma das Donas 2017 e Cruceiro 2017.

ÚLTIMAS

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...