HomeSucesosInvestigan un mozo de Chantada por ter 18 cans en "mal estado...

Investigan un mozo de Chantada por ter 18 cans en “mal estado sanitario”

A investigación verificou que os animais "presentan lesións, úlceras na pel e carencia de pelo en diferentes graos de afectación". Foron derivados ao hospital veterinario de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado un veciño de Arcos, no municipio de Chantada, de 29 anos de idade como presunto autor dos delitos de malos tratos animais e tenencia ilícita de armas tras serlle localizados 18 cans en “mal estado sanitario” e unha escopeta sen ter licenza.

Segundo informou o Instituto Armado, despois de ter coñecemento do suposto mal estado sanitario duns cánidos, con “posible risco de transmisión de enfermidades a persoas e outros animais”, realizouse unha investigación que verificou que os cans “presentan lesións, úlceras na pel e carencia de pelo en diferentes graos de afectación”.

En concreto, indicaron as mesmas fontes, localizáronse dez cánidos adultos e oito cachorros, que, asegura o Instituto Armado, debido ao estado no que se atopaban foron derivados ao hospital veterinario en Lugo para valoración do seu estado e tratamento.

No marco desta inspección localizouse unha escopeta de cartuchos, a cal quedou intervida ao carecer o seu posuidor da correspondente licenza ou permiso para a súa tenencia. Na investigación colaboraron o servizo de patrimonio natural, protectora de animais de Lugo, axentes ambientais, asociación Animals-Help de Xermade e persoal do Concello de Chantada.

A persoa investigada en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...