HomeCulturaNace Xornal de Lemos, o primeiro gran xornal dixital en galego para...

Nace Xornal de Lemos, o primeiro gran xornal dixital en galego para todo o sur de Lugo

O Día das Letras Galegas trae a Lugo o nacemento dun novo xornal en galego

Publicado o

- Advertisement -

Un dos días máis sinalados para Galicia trae consigo o nacemento dun novo xornal, Xornal de Lemos (www.xornaldelemos.gal). Trátase do primeiro gran xornal dixital en galego da zona sur da provincia de Lugo. Neste medio abordarase a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social desta zona e prestará especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio das comarcas de Sarria, Chantada, Terra de Lemos e Quiroga.

Por outra banda, este novo medio tamén informará das novas que acontezan no resto da provincia grazas ás novas que lle achegarán os outros dous medios irmáns nados o mesmo día; LugoXornal (www.lugoxornal.gal), que informará sobre as comarcas de centro de Lugo e os concellos galegofalantes do Bierzo, e Xornal da Mariña (www.xornaldamariña.gal), que informará da zona norte da provincia e das zonas occidentais de Asturias que falan galego.

asociación con outros medios

Xornal de Lemos tamén estará asociado a Galicia Confidencial (www.galiciaconfidencial.com),o principal medio dixital en galego e un dos medios máis importantes no panorama mediático de Galicia, que lle dará soporte informativo, comercial e técnico.

equipo humano

Xornal de Lemos conta coa xornalista Pilar Vázquez Prieto na área de redacción e con Xosé Manuel Fernández Montes, na área comercial. Neste medio colaborarán Óscar Bernández, Millán Gómez, Ramón Gónzalez, Vanesa Gómez, Xurxo Salgado, Alberto Quián e Moncho Mariño.

Para máis información podedes ponervos en contacto con redaccion@xornaldelemos.com ou chamando aos teléfonos de Xosé Manuel (657.01.45.55) ou Pili (697.74.39.09).

Equipo humano de XornaldeLemos, LugoXornal e XornaldaMariña

 

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...