HomesociedadeEn marcha o viñobus vendima na D.O. Ribeira Sacra

En marcha o viñobus vendima na D.O. Ribeira Sacra

A actividade do viñobus ten unha duración de 6 horas e está pensada para grupos de entre 6 e 16 persoas. As saídas están programadas para a última semana deste mes e a primeira de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

O viñobus vendima é unha viaxe interactiva para aprender todo o relacionado coa recollida da uva e a súa transfromación en viño. A xornada comeza cun paseo polos viñedos para coñecer as partes da cepa, as variedades de uva ou a importancia do chan. Despois da recollida de uva os participantes trasládanse á adega onde se realizarán cata de uvas, mostos e viños, para posteriormente elaborar viño de modo artesanal, pisando as uvas como antigamente.

Deste xeito, o mosto quedará nas cubas para a súa fermentación e os enólogos ocuparanse del ata que estea listo para embotellar e envialo á casa. A viaxe inclúe xantar na adega, a viaxe en bus e as explicacións de guías especializados. As dúas fins de semana previstas poderanse ampliar a 3 se a campaña de vendima se prolonga.

Para participar é necesario reservar a través do correo electrónico turismo@ribeirasacra.org ou no teléfono 638 823 592. Toda a  información da actividade pode consultarse no portal do Consorcio de Turismo, promotor da actividade: turismo.ribeirasacra.org.

 

 

ÚLTIMAS

Monforte adxudica por 120.000€ a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

A Xunta de Goberno Local, na sesión deste luns, 13 de xullo, deu luz...

Walls dá o relevo a Beret, o día 15 nas Patronais de Monforte

Ginés Paredes Giménez, Walls, é un dos artistas con maior proxección do panorama musical...

Segue activo o incendio de Ribas de Sil con 140 hectáreas ardidas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia...

Joseba Iraola vence na I Subida Ribeira Sacra de Chantada

Nun coñecido trazado polos habituais do certame nacional de montaña disputáronse catro mangas de...